3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

En 1991 a taxa de analfabetismo da poboación con 15 ou máis anos atinxía ó 14%, o que, se comparamos coa rexión Norte (13%), non presenta unha diferencia significativa.

Paredes de Coura, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca e Melgaço son os concellos do distrito que presentan unha taxa de analfabetismo superior a 20%, o que, mesmo tratándose de datos relativos a 1991, non deixa de ser preocupante. Por outro banda, os concellos de Viana do Castelo, Caminha e Valença presentan unha taxa de analfabetismo inferior á media do distrito (10%, 11% e 12%, respectivamente).