3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

A densidade poboacional media do distrito é de 79 habitantes por Km2, sendo os concellos de Mesão Frio, Peso da Régua, Santa Marta de Penaguião e Vila Real os principais responsables por unha densidade poboacional tan elevada, que mesmo así é bastante inferior á rexión Norte que presenta un valor de 168 habitantes por Km2. De feito, tódolos restantes concellos presentan un valor bastante inferior á media do distrito.