3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

Entre 1991 e 1997, a poboación diminuíu en case tódolos concellos do distrito, a excepción de Mondim de Basto, Peso da Régua, Santa Marta de Penaguião e Vila Real, onde houbo unha evolución positiva do 0,2%, 0,6%, 0,8% e 0,8%, respectivamente. Así, a variación no distrito foi de –3,1%, menos cerca de 5 puntos porcentuais do que a rexión Norte (2,6%).

Durante a década de 90, o concello de Montalegre perdeu unha significativa parte da súa poboación (9%), froito da migración dos seus habitantes máis novos para zonas máis urbanas, destacando as cidades de Braga e Vila Real. De feito este é un problema grave deste distrito, que provén, en grande medida, do fraco nivel de actividade económica, incapaz de satisface-las expectativas profesionais principalmente dos máis novos. Por outro banda, as aínda insatisfactorias accesibilidades (a pesar do IP4, que liga a Porto), dificulta a fixación de empresas no distrito.