3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

No que concerne á distribución da poboación residente por grupos etários, concéntrase maioritariamente no tramo entre os 25 e os 64 anos, sendo significativa a porcentaxe de individuos que teñen 65 ou máis anos. De feito, é nestes dous graos onde se observa unha diferencia máis significativa entre o distrito de Vila Real e a rexión Norte, asumindo aquel, no primeiro un valor inferior e no segundo un valor superior. Na análise concellar, aínda que non se rexistren grandes diferencias, hai que salientar que os concellos nos que o grao máis elevado de idade presenta porcentaxes superiores ó 20% son: Montalegre, Valpaços e Boticas.