3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

3.2.3. - Distrito de Vila Real
3.2.3.3. - Educación


O distrito de Vila Real, en canto é comparado, en termos de Educación coa rexión Norte e coa xeneralidad do país presenta algunhas fraxilidades. No que se refire ó número de establecementos de ensino, rexístranse no total do distrito 815 establecementos de ensino, dos que cerca do 82% destínanse ó 1º ciclo, 76 ó 2º, 59 ó 3º ciclo e ensino secundario, 8 ó ensino profesional e 5 ó ensino superior. Este número de establecementos corresponde ó 15% da rexión Norte.

En termos porcentuais, verifícase que a rexión Norte posúe menos establecementos de ensino que o distrito de Vila Real e, polo contrario, ten unha porcentaxe máis elevada de establecementos orientados ó 2º ciclo, 3º ciclo, ensino secundario, escolas profesionais e formación superior.