3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

Segundo datos da CCRN, existían no ano lectivo 95/96 cerca de 5 mil alumnos que frecuentaban os establecementos de ensino existentes, o que corresponde ó 6,7% do total da rexión Norte. Aínda que se verifique un maior número de establecementos do 1º ciclo, en termos de número de alumnos verifícase a existencia dunha maior porcentaxe no 3º ciclo e ensino secundario. Rexístrase, tamén, unha porcentaxe significativa de alumnos no ensino superior, a que non é allea a existencia da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e outros establecementos de ensino superior no distrito.