3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

A taxa de analfabetismo da poboación con 15 ou máis anos atinxe un valor bastante elevado (20%), cerca de 7 puntos porcentuais por riba da media da rexión Norte. A nivel concello, destácase o concello de Ribeira de Pena, cunha taxa de analfabetismo que atinxe máis dun cuarto da poboación (29%), seguido de Boticas (27%) e Montalegre (26,5%).

Vila Real, Peso da Régua e Chaves son os concellos con menor taxa de analfabetismo (12, 14 e 16%, respectivamente).