3.2.4. - Distrito de Bragança
3.2.4.1. Demografia
3.2.4.2. Economia
3.2.4.3. Educación
Localizado no Nordeste do País, o Distrito de Bragança abrangue unha área con cerca de 6.608 Km2, é dicir, 8% do territorio nacional continental.
Esta rexión constitúe o espacio máis a Norte de Portugal, facendo fronteira coa provincia española de Castela e León. No territorio nacional, limita co Distrito de Vila Real (polo Este) e cos Distritos da Guarda e Viseu (polo Sur). Administrativamente, o Distrito de Bragança atópase dividido en 12 concellos, agrupando 298 parroquias.
| Concello |
NUT III |
| Alfândega da Fè |
Alto Trás-os-Montes |
| Bragança |
Alto Trás-os-Montes |
| Carrazeda de Ansiães |
Douro |
| Freixo de Espada á Cinta |
Douro |
| Macedo de Cavaleiros |
Alto Trás-os-Montes |
| Miranda do Douro |
Alto Trás-os-Montes |
| Mirandela |
Alto Trás-os-Montes |
| Mogadouro |
Alto Trás-os-Montes |
| Torre de Moncorvo |
Douro |
| Vila Flor |
Douro |
| Vimioso |
Alto Trás-os-Montes |
| Vinhais |
Alto Trás-os-Montes |
Táboa 3.11.- Concellos do distrito de Bragança
Desde o punto de vista da xeografía física esta rexión presenta un relevo bastante variado, alternando os vales cavados e profundos con mesetas e serras, variando as altitudes entre os 300 m e 1 500 m, destacándose as seguintes serras: Montesinho (1 438 m), Nogueira (1 318 m), Mogadouro (995 m), Bornes (1 199 m).
Xeologicamente, a rexión caracterízase por posuír solos de xisto e granito, sendo atravesada por unha falla tectónica, que vai de Bragança ata a Torre de Moncorvo. Estes solos agochan ricos recursos minerais como, por exemplo, estaño e volframio, debendo destacarse os xacementos de ferro de Moncorvo, tidas como unha das maiores de Europa (estímase en máis de 500 millóns de toneladas o seu potencial).
A latitude onde se localiza o Distrito, fai que o clima teña unha natureza, xa atlántica continental, xa mediterránea continental, anque a zona do Douro teña unha característica marcadamente mediterránea, o que favorece a existencia de amendoeiras nesta rexión.
A temperatura presenta ó longo do ano unha grande amplitude térmica, atinxindo no Verán valores que superan os 35ºC e no Inverno -5ºC, para unha temperatura media que rolda os 19ºC (máxima) e os 8ºC (mínima).
|