| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO |
| 3.2.- Zona fronteiriza portuguesa |
A instalación do ensino Politécnico e Superior podería, dalgunha forma, contribuír para unha maior fixación e atracción desa mesma poboación. Sen embargo, a carencia de oferta de emprego fai que a rexión sexa a penas un lugar de paso dos estudiantes para outras zonas, levando consigo un saber e unha valía máis que poderían contribuír moito para a dotación de valiosos activos para o Distrito. Curiosamente, esta política de concentración de recursos e de infraestructuras estase a verificar, igualmente, no seu interior, en que 50% da poboación reside a penas en tres concellos (Bragança, Mirandela e Macedo de Cavaleiros). |