3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

O desparazamento das persoas faise, sobre todo, cara o litoral, ó contrario da antigüidade, onde a emigración para Francia, España, Alemaña e Luxemburgo era a principal responsable, polo éxodo das poboacións.

O avellentamento da poboación é outro dos indicadores marcadores da análise demográfica. En 1994, o 19% da poboación tiña máis de 64 anos, constituíndo o 2º grupo de idade máis numeroso no Distrito. Este valor porcentual aumenta, considerablemente, en concellos como Freixo de Espada à Cinta, Vimioso e Alfândega da Fé, froito dunha desertificación para a que non se proxectan tendencias alternativas.