3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

O número de persoas ó servicio nos establecementos existentes era de cerca de 11 mil, rexistrándose, tamén, unha concentración nos concellos de (4 mil), Mirandela (2,324) e Macedo de Cavaleiros (1,196).

En termos industriais, a economía do distrito de Bragança vive esencialmente a costa da industria alimenticia, das bebidas e do tabaco (59%), da industria da madeira e do mobiliario (9%) e das industrias metalúrxicas (17%).

O sector do comercio era responsable de 886 establecementos, empregando cerca de 3500 persoas.

O fraco desenvolvemento da economía presenta como grande causa as infraestructuras das estradas. Estas foran durante séculos, un dos grandes responsables polo illamento da rexión e un dos principais entraves ó seu desenvolvemento integrado, contribuíndo moito para agravar, de forma significativa, as asimetrías, en relación ó Litoral. Aínda a evolución nos tempos máis recentes da situación permite proxectar un cadro máis favorable, dun xeito destacado co IP4, IP3, IC2 e IC5.

Bragança continúa, aínda así, moi distante dos grandes centros. Lisboa fica a 508 quilómetros, Porto a 213, Madrid a 330. En termos ferroviarios, o porto marítimo máis próximo é Leixões (225 Km), seguido de Xixón (320Km). No que concerne ós transportes aéreos, o aeroporto máis próximo fica no Porto (Aeroporto Sá Carneiro), despois Madrid e Lisboa. En termos aéreos, a cidade de Bragança é servida por un aeródromo (con 1.250 metros de pista).