3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
3.2.- Zona fronteiriza portuguesa

O Distrito de Bragança presenta unha boa rede de equipamentos para o funcionamento do ensino primario, oficial e privado, con máis de 600 establecementos frecuentados por 12.000 alumnos.

No que respecta ó ensino preparatorio e secundario, existen no Distrito de Bragança, 45 establecementos que abranguen un total de 11 000 alumnos aproximadamente, tendo o ensino particular e cooperativo unha reducida expresión, 5 establecementos con pouco máis de 500 alumnos.

No ensino superior, localízanse na cidade de Bragança, Mirandela e na vila de Macedo de Cavaleiros os seguintes establecementos de Ensino Superior:
- Instituto Politécnico de Bragança (que inclúe a Escola Superior Agraria, a Escola Superior de Educación e a Escola Superior de Tecnoloxía e Xestión)
- Instituto Superior de Linguas e Administración - ISLA
- Escola Superior de Enfermería;
- Instituto Piaget (Macedo de Cavaleiros)
- Delegación do Instituto Politécnico en Mirandela;
- Delegación do Instituto Piaget en Mirandela

A maioría dos alumnos atópase matriculada no 3º ciclo e ensino secundario, non sendo de despreciar o número de alumnos no ensino superior (3,524), debido ós establecementos de ensino citados enriba.

Cerca de 8 mil alumnos atópanse matriculados no primeiro ciclo e cerca de 5 mil frecuentan o segundo ciclo. Existen, aínda 3 escolas profesionais, nos concellos de Mirandela (2) e Bragança (1), que absorben cerca de 250 alumnos.