| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO |
| 3.2.- Zona fronteiriza portuguesa |
A pesar de que a rede de establecementos educativos non é das peores a nivel nacional, o feito é que se rexistra unha taxa de analfabetismo da poboación de 27,3%, máis do 14% por riba da media da rexión Norte. Esta taxa elevada incide particularmente nos concellos de Bragança (39,6%), Alfandega da Fé (33,7%), Miranda do Douro (39,1%), Mirandela e Torre de Moncorvo (31,3%). Non deixa de ser curioso que os concellos con máis establecementos de ensino e con máis alumnos matriculados sexan os que presentan unha taxa de analfabetismo máis elevada. |