4.- ANÁLISE COMPARATIVO DA SITUACIÓN LABORAL EN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL
4.1. - Necesidades funcionais das empresas

4.1.- Necesidades funcionais das empresas

Para o estudio das necesidades ocupacionais das empresas considerouse oportuno comezar analizando o nivel de definición de ditas necesidades por parte das mesmas, xa que este condicionará en gran medida tódalas fases do ciclo dos recursos humanos na empresa: a axeitada definición do perfil a incorporar, o plan de desenvolvemento profesional dos empregados e a satisfacción tanto da empresa como do traballador no desempeño das funcións encomendadas a este.

Na figura 4.1 pódese observar claramente o elevado nivel de definición dos postos de traballo por parte das empresas, tanto no sur de Galicia como no Norte de Portugal.