| 4.- ANÁLISE COMPARATIVO DA SITUACIÓN LABORAL EN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL |
| 4.1. - Necesidades funcionais das empresas |
O grado de definición das necesidades debería ter un reflexo no nivel de formalización dos postos existentes. Como complemento á cuestión anterior, preguntouse ás empresas se están documentados os procesos de traballo, de modo que se facilite a incorporación e o desempeño por parte dos traballadores. A resposta obtida preséntase na figura 4.2 (ver páxina seguinte). |