| 4.- ANÁLISE COMPARATIVO DA SITUACIÓN LABORAL EN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL |
| 3.2.- Zona fronteiriza portuguesa |
| Como se observa na gráfica, nesta cuestión existen diferencias apreciables entre as empresas galegas e as portuguesas. Mentres que algo máis da metade das empresas galegas non teñen os seus postos documentados, soamente un 11,26% das portuguesas están na mesma situación. Pódese observar que o nivel de formalización dos postos é maior nas empresas do Norte de Portugal que nas galegas. Así, un 60,93% das empresas portuguesas afirman ter tódolos seus postos documentados, case o dobre que no caso galego (32,58%). Cabe sinalar que existen algunhas matizacións a estas grandes diferencias zonais. Segundo os técnicos de institucións consultados, estas poden deberse a que en Portugal é obrigatorio presentar á Seguridade Social un listado de tódolos postos ("cadros") existentes na empresa, o que os empresarios enquisados puideron interpretar como "Documentación o Formalización" dos postos. Sen embargo, en España, a documentación de postos é algo máis que un listado de postos. Requírese ademais unha descrición das tarefas a realizar por cada un deses postos. Esta diferencia de conceptos explicaría en grande medida as grandes diferencias que se aprecian na figura 4.2. En calquera caso, case a metade das empresas galegas teñen algo ou totalmente formalizados seus postos, aspecto que normalmente é paralelo ó nivel de desenvolvemento organizativo. Se temos en conta que as empresas enquisadas son maioritariamente de tipo PYME, podemos afirmar que existe un aceptable nivel de formalización dos postos. Esto posiblemente víuse impulsado nos últimos anos pola importancia que adquiriron para as empresas os sistemas de calidade e os sistemas de información, que requiren en ambos casos un elevado nivel de formalización. Cabe sinalar neste punto que en Galicia xa hai máis de 2000 certificacións. Con respecto ás empresas que non contan aínda con este nivel de desenvolvemento organizativo, conven incidir na importancia que este aspecto ten tanto para a mellora operativa da empresa como para a axeitada integración dos traballadores. Posto que ás empresas íaselles pedir que valorasen a adecuación dos perfiles existentes no mercado laboral con respecto as súas necesidades ocupacionais, consideramos oportuno expoñer en qué medida as empresas levan a cabo accións formativas para adapta-las persoas ós postos. Unha vez que o traballador incorpórase á empresa é necesario adquirir e manter actualizadas as competencias que se requiren para o desenvolvemento das funcións, sendo clave o papel que xogan as empresas a través da formación continuada. Á pregunta de se a empresa leva a cabo accións formativas obtivéronse os seguintes resultados. |