4.- ANÁLISE COMPARATIVO DA SITUACIÓN LABORAL EN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL
4.2. - Proceso de incorporación de traballadores ás empresas

Como se pode observar na figura 4.3 as empresas do sur de Galicia levan a cabo accións formativas en maior medida que as portuguesas, anque sen grandes diferencias. En ambos casos algo menos da metade das empresas afirma levar a cabo este tipo de accións puntualmente. A maior diferencia aparece entre aquelas empresas que sosteñen que nunca realizan accións formativas. Mentres que soamente preto dun 19% das empresas galegas di non realizar este tipo de accións nunca, este porcentaxe ascende case un 28% no caso portugués.

Destacamos moi positivamente o feito de que a maioría delas realiza cada vez máis accións formativas, anque tratándose na maioría de PYMES. Consideramos que isto débese a dous factores fundamentais:

- As maiores posibilidades e facilidades da formación externa para as empresas por parte de Asociacións, Institucións, etc. (Forcem, Asociacións sectoriais,...).
- Inflúe moito o cambio de mentalidade de moitas empresas en canto a considera-la formación como unha inversión, desterrando a antiga idea de que a formación dos traballadores era un gasto que non beneficiaba á propia empresa.