| 4.- ANÁLISE COMPARATIVO DA SITUACIÓN LABORAL EN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL |
| 4.2. - Proceso de incorporación de traballadores ás empresas |
4.2.1.- Vías de incorporación para Dirección Xeral e Funcional Na figura 4.4 póde observar que máis da metade das empresas a ámbolos lados da fronteira afirman que o acceso ó seu círculo inmediato de contactos é un procedemento habitual para a incorporación de Directores Xerais / Funcionais. As empresas prefiren actuar en primeiro lugar no seu círculo inmediato de contactos persoais, baseando a incorporación do traballador nas referencias aportadas pola persoa que facilita o contacto. Dentro deste apartado conven facer mención especial a que arredor da metade das empresas enquisadas en Galicia, que matizaron algo máis as súas repostas, afirmaron que os Directores Xerais / Funcionais eran socios da empresa ou familiares do propietario. Para Galicia a seguinte vía de incorporación, por orden de importancia, é a realización de procesos de selección baseados na demanda mediante un anuncio, que pode realizar a través dunha consultora ou empresa privada de selección (14,55% dos casos) o que pode xestionar directamente a empresa (9,59% dos casos). No caso de Portugal, ademais das vías enumeradas para Galicia, tamén se utilizan outras como a recepción de currícula sen habelos solicitado (14,18% dos casos), o que pon de manifesto a importancia que ten o saber confeccionar axeitadamente o currículo vitae e, sobre todo, o saber identificar posibles oportunidades laborais acordes co perfil e as preferencias dos traballadores. Debemos indicar que o 5,48% das empresas galegas apuntaron Internet como unha vía de incorporación para Directores Xerais / Funcionais. |