| 4.- ANÁLISE COMPARATIVO DA SITUACIÓN LABORAL EN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL |
| 4.2. - Proceso de incorporación de traballadores ás empresas |
4.2.3.- Vías de incorporación para Persoal Comercial Como se observa na figura 4.6, para a incorporación do persoal comercial, a vía de incorporación máis utilizada polas empresas de ámbolos lados da fronteira é, de novo, a vía dos contactos persoais. Un 45,28% das empresas galegas e un 34,95% das portuguesas enquisadas afirman recorrer a este procedemento para a incorporación do seu persoal comercial. A segunda vía máis utilizada en Portugal é a recepción de curriculum vitae sen habelo solicitado, usada polo 30,69% das empresas portuguesas. No caso galego este procedemento pasa ó cuarto lugar en orden de importancia, sendo utilizado por algo máis da metade de empresas que en Portugal (16,35%). Destacan tamén a ámbolos lados os anuncios de traballo en prensa (28,43% das empresas portuguesas e 23,27% das galegas) e a referencia de persoal que xa traballaba na empresa (24,51% das empresas en Portugal e 18,24% en Galicia). |