| 4.- ANÁLISE COMPARATIVO DA SITUACIÓN LABORAL EN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL |
| 4.2. - Proceso de incorporación de traballadores ás empresas |
4.2.4.- Vías de incorporación para Persoal Administrativo No caso dos procedementos utilizados para a incorporación do persoal administrativo, o orden de importancia coincide para Galicia e Portugal, anque con distintas porcentaxes. Como se observa na figura 4.7 a vía máis utilizada é, como nos casos anteriores, os contactos persoais. Un 47,29% das empresas enquisadas galegas e un 35,61% das portuguesas utilizan esta vía de incorporación para o persoal administrativo. Séguenlle en orde de importancia a recepción de currículo sen solicitalo (máis en Galicia), os anuncios de traballo en prensa (máis en Portugal) e as referencias de persoal que traballaba na empresa (algo máis en Portugal). |