5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.1.- Análise do sector da Construcción en Galiciaa

No referido á Dirección Xeral e Funcional, obsérvase na figura 5.4 que arredor do 77% das empresas recorren ó seu círculo máis próximo de contactos para incorporar persoal a ditos postos. Nun 55,56% dos casos, estes son ocupados por persoas da familia ou polos propios socios da empresa, mentres que nun 22,22% das empresas recórrese a parentes / amigos para contactar cos posibles candidatos.

As seguintes vías máis utilizadas son os anuncios de traballo en prensa e a través de consultoras e empresas privadas de selección.

En canto ós Mandos Intermedios na figura 5.5 observamos que estes incorpóranse por medio de catro vías maioritariamente: os contactos persoais, a promoción interna, referencias persoais e por último, os anuncios en prensa. Isto demostra que no sector dáselle importancia ós aspectos relacionados coa confianza nas persoas e o coñecemento do sector.