| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.1.- Análise do sector da Construcción en Galiciaa |
Na figura 5.5 pódese observar que para estes postos as vías están máis diversificadas. De novo as máis utilizadas son os contactos persoais e os anuncios de traballo en prensa, destacando tamén a promoción interna e as referencias de persoal que xa traballaba na empresa. Obsérvase, ademais, que anque segue sendo unha vía bastante utilizada, as consultoras e empresas privadas de selección perden peso respecto ó caso da Dirección Xeral e Funcional. Destaca tamén, para os Mandos Intermedios a recepción de currículo sen habelo solicitado, cun 25% das empresas enquisadas que afirman recorrer a esta vía. É importante destacar que no sector da construcción a incorporación dos comerciais, como se observa na figura 5.6, faise sobre todo a través de contactos persoais. Séguenlle en importancia promoción interna, as referencias de persoal que xa traballaba na empresa e os anuncios de traballo en prensa. Pódese observar que gaña peso a vía de incorporación a través de referencias de clientes e provedores, o que pode ser debido a que é necesario, para ocupar postos comerciais, un profundo coñecemento do sector. |