5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.1.- Análise do sector da Construcción en Galiciaa

5.1.6.- Freos á incorporación laboral transfronteiriza

O traballo realizado coas empresas, orientouse a identifica-la posibilidade de incorporar traballadores transfronteirizos nos distintos postos e sobre todo a identifica-los posibles freos á incorporación.

Da análise por postos obtívose que as empresas consideran maioritariamente que sería posible incorporar traballadores portugueses en calquera dos postos das empresas do sector da Construcción da comunidade galega.

Consultouse, sen embargo, ás empresas, sobre os posibles freos á hora de contratar traballadores portugueses nas empresas do sector da Construcción. A figura 5.9 amosa os resultados obtidos.