5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.2.- Análise do sector da Madeira en Galicia
Tamén preguntouse ás empresas en qué medida estaban os seus postos documentados. Os resultados obtidos represéntanse na figura 5.11. nela pódense observar que soamente o 25,81% das empresas enquisadas teñen todos os seus postos documentados. Este dato resalta o feito de encontrarmos ante un sector primario no que se refire a dimensión dos soportes organizativos da actividade, a falta de profesionalización das estructuras e a falta de actividade exportadora no sector, que xa comentamos ó comezo. Outro aspecto que inflúe negativamente é que parte da actividade desenvolvida é subordinada do sector da construcción, co que as esixencias de cara á profesionalización son inferiores ás que se poden producir noutros sectores como o metal – mecánico. É preocupante o dato de que un 51,6% dos postos están sen documentar.