| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.2.- Análise do sector da Madeira en Galicia |
| 5.2.3.- Aspectos máis destacables da demanda segundo a valoración das empresas analizadas Consultouse ás empresas sobre a súa expectativa de contratación nos diferentes postos, co obxecto de obter un indicador orientativo sobre a demanda a curto / medio prazo. Nas táboas 5.11 e 5.12 recóllense as valoracións das empresas correspondentes á rotación dos postos, ás previsións de crecemento para os próximos tres anos e a posibilidade de incorporar a traballadores transfronteirizos. Loxicamente, detrás de cada unha das respostas obtidas atópase a propia conxuntura de expectativas de cada empresa. Os valores que se presentan corresponden á media do conxunto das empresas. Observamos como a maior rotación e a maior posibilidade de incorporación de traballadores transfronteirizos dáse nos comerciais. Isto pode ser debido, por unha banda á mobilidade xeral que se da nos comerciais e a que existe unha cultura da madeira e do moble noutro lado da fronteira. Tanto nos postos administrativos como de dirección funcional tamén se observa unha posibilidade media de incorporación de traballadores transfronteirizos. - Tabela 5.11.- Aspectos máis destacables da demanda de postos xerais das empresas galegas consultadas do Sector da Madeira - Tabela 5.12.- Aspectos máis destacables da demanda de postos específicos das empresas galegas consultadas do Sector da Madeira |