5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.2.- Análise do sector da Madeira en Galicia

Na táboa anterior destaca o seguinte:

- En canto á rotación, observamos que non se esperan grandes rotacións nos postos específicos do sector. Isto pode ser debido a que a maioría destes postos están cubertos por persoas que veñen de traballos de carpintería ou doutros sectores de maior formación que o propio do sector e por tanto, xérase unha certa estabilidade no emprego a nivel de rotacións nos postos. De tódolos xeitos, cremos que se crearán e incorporaran algúns postos novos como son o de técnicos de métodos, técnicos de procesos de fabricación e técnicos de seguridade e prevención de riscos laborais.

- No que se refire á previsión de crecemento para os próximos tres anos, observamos que, a nivel xeral, a previsión é que o número de persoas que ocupan cada un dos postos mantéñase. Soamente se prevé certo crecemento para os postos de Deseñador, mando intermedio, técnico de deseño / proxecto, técnico de calidade, carpinteiro / ebanista, técnico de planificación e desenvolvedor informático. Para os postos de deseñador, mando intermedio, técnico de deseño / proxecto, técnico de calidade e técnico das previsións de crecemento poden deberse a que estes son postos claves para mellora-la competencia do sector e mellora-los puntos que anteriormente se comentaron neste informe cando nos referíamos ó nivel de definición e documentación dos postos. No que se refire ó posto de carpinteiro / ebanista o crecemento previsto pódese deber a que no sector aínda se considera que soamente poden traballar expertos coñecedores da madeira, unido a que se segue pensando en termos de artesanía. En canto ás previsións de crecemento do posto de desenvolvedor informático consideramos que é unha apreciación puntual relacionada coa baixa utilización os sistemas de información, cinguida á escasa informatización do sector. Outro factor relacionado con isto é a incorporación de tecnoloxía con control numérico, robótica, etc. que facilitará a incorporación de novos técnicos, como programadores de control numérico.

- No referido á posibilidade de incorporar persoal transfronteirizo, existe unha unanimidade nos resultados espectacular que non nos sorprende. Xa se comentou que na zona de influencia que estamos tratando existe unha cultura elevada no que se refire á utilización e traballo da materia prima. Por tanto, é normal que as empresas galegas consultadas non vexan dificultades á hora de incorporar persoal doutro lado da fronteira. Os resultados referidos ós postos de deseñador, mando intermedio e técnico de producción tampouco son de estrañar. Considerar que a ocupación do posto de técnico de deseño por parte de persoal transfronteirizo é unha posibilidade que non se propoñen, pode ser debido a que se considera que é máis sinxelo chegar ó cliente final con deseñadores ou desenvolvedores de productos que coñecen os gustos de cada zona, por tanto estamos falando de aspectos culturais. Sobre os mandos intermedios e técnicos de producción a opinión está baseada na consideración de que, neste lado da fronteira, a cultura industrial é maior.