5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.2.- Análise do sector da Madeira en Galicia

Para a incorporación dos mandos intermedios a vía de incorporación máis utilizada segue sendo a de persoas da familia ou socios da empresa, anque a porcentaxe de empresas consultadas que utiliza esta vía diminúe ata un 20,69. Isto é debido a dous aspectos: por unha banda, os socios da empresa e os familiares destes, xa ocupan os postos de maior responsabilidade e, por outro banda, os perfiles profesionais buscados para cubri-los postos de Mandos Intermedios son diferentes. Normalmente, as empresas tenden a cubrir estes postos con persoas que coñecen perfectamente o sector e os traballos específicos a realizar, polo que as persoas que levan tempo traballando na empresa cumpren ese requisito e, polo tanto, recórrese á promoción interna (17,24%).

O mesmo que no punto anterior, en terceiro lugar atópanse os anuncios en prensa e as empresas de consultoría e selección, utilizadas por un 10% das empresas consultadas.

En canto ós procedementos para incorporar comerciais observamos na figura 5.15 que son os contactos persoais (27%) os medios máis utilizados. O máis destacable neste caso e, anque non sexa das primeiras vías de incorporación utilizadas, é o aumento que se produce na incorporación a través da Orientación de Clientes o Provedores (10%), en comparación con outros postos da empresa. O motivo radica, unicamente, en que o perfil profesional requirido para cubrir postos comerciais nas empresas é moi específico e sole requirir que os posibles candidatos teñan experiencia e/ou coñecementos do sector, especialmente de clientes potenciais.

Por outro banda, os contactos persoais e os socios e parentes dos mesmos (27%) son, neste caso, as vías máis utilizadas. Isto débese tanto á importancia do coñecemento do sector como á importancia de contratar persoas de "confianza" nestes postos. Ademais, en moitos casos, son os propios donos (ou socios) das empresas, as persoas que ocupan os postos comerciais.

Outras vías seguen sendo os anuncios en prensa (14%) e a recepción de CV (14%).