| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.2.- Análise do sector da Madeira en Galicia |
Na figura 5.16 (ver páxina seguinte) observamos que a distribución de medios de incorporación para ocupar os postos de administrativos é moito maior que nos casos anteriores, non destacando ningún deles dunha maneira significativa. O máis utilizado é a recepción de CV (32%) seguido por catro medios, case co mesmo nivel de influencia: formar parte da empresa, institucións ou centros de formación, contactos persoais, persoal que realizara prácticas e anuncios en prensa, todos estes utilizados por unha porcentaxe de empresas entre o 16% e o 19%. Estes datos, confírmanos dúas cuestións diferenciadoras: a primeira é o elevado número de persoas que buscan traballos administrativos nas empresas (a primeira vía de incorporación son os C.V. que se reciben na empresa sen habelos solicitado). A segunda, refírese a que nestes postos de traballo, o feito de coñecer previamente o sector, ten moita menos importancia, xa que as actividades e funcións realizadas son máis xenéricas e, polo tanto, a adaptación das persoas ós postos é moito máis rápida. |