|
|
| 5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
| 5.3.- Análise do sector Metal-Mecánico en Galicia |
| Na figura 5.21 represéntanse as respostas das empresas do sector consultadas á pregunta de se levan a cabo accións formativas para adapta-los seus empregados ós postos. Pódese observar que o sector dedica un gran esforzo para levar a cabo accións formativas nas empresas dunha maneira sistemática. Factores que inflúen neste aspecto poden se-lo alto nivel de profesionalización do sector e a necesidade de reciclaxe continuo. Como se pode observar na gráfica a formación de maneira sistemática alcanza case ó 50% das empresas enquisadas.
|
|
|