5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.3.- Análise do sector Metal-Mecánico en Galicia

Atopámonos nunha situación na que se ten cantidade suficiente de oferta para os postos de administración, pola contra, para os postos funcionais e comerciais a realidade é que está nun termo medio. A causa que pode xustificar esta situación é que o sector segue incrementando o seu nivel de esixencia e continuo reciclaxe destes postos e, por tanto, cada vez será máis difícil atopar unha axeitada relación entre a cantidade de recursos dispoñibles no sector e necesidades xeradas nas empresas. Tamén inflúe o feito de que a rotación non é alta, o que fai que as empresas de nova creación non atopen eses perfiles.

Con relación á calidade dos perfiles atopámonos cunha situación parecida en relación á ocupación de directores funcionais. A calidade da oferta está no punto medio pola mesma razón de mellora continua na especialización do sector.
___________________________________________________________________________
(7) Para a interpretación axeitada deste perfil cabe matizar que a información nel reflectidada fai mención á percepción que as empresas enquisadas trasladan sobre a medida en que o mercado proporciona suficiente cantidade de persoas para cubrir cada posto e se os perfiles cos que se solen cubrir son os axeitados. O mesmo que no caso dos perfiles sobre a demanda, o número de empresas que aportan a súa opinión para cada posto é diferente, xa que ás empresas soamente se lles preguntou polos postos cos que contan.