5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.5.- Análise do sector de Tecnoloxías da Información e Comunicación en Galicia


5.5.3.- Aspectos máis destacables da demanda segundo a valoración das empresas analizadas

Consultouse ás empresas sobre a súa expectativa de contratación nos diferentes postos, co obxecto de obter un indicador orientativo sobre a demanda a curto / medio prazo.

Nas táboas 5.32 e 5.33 recóllense as valoracións das empresas correspondentes á rotación dos postos, previsión de contratación a medio prazo e a posibilidade de incorporar traballadores transfronteirizos (portugueses neste caso) en cada un dos postos. Loxicamente, detrás de cada unha das respostas obtidas atópase a propia conxuntura e expectativas de cada empresa. Os valores que se presentan corresponden á media do conxunto das empresas.

________________________________________________________________________________________
(7) Para a interpretación axeitada deste perfil cabe matizar que a información nel reflectida fai mención ás opinións que as empresas enquisadas trasladan sobre a situación particular de cada posto na súa propia empresa.
De igual manera e debido a que para determinados postos o número de empresas enquisadas que contaban con eles foi reducido, tal e como evidencia a táboa relativa a postos e a súa presencia nas empresas, intentouse completa-la ausencia dun número representativo de empresas con eses postos, coas aportacións de expertos con coñecementos do sector.