5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA |
5.5.- Análise do sector de Tecnoloxías da Información e Comunicación en Galicia |
Existe maior desaxuste nos perfiles existentes no mercado laboral que na cantidade de profesionais existente. Sen embargo, se se toma como referencia os valores correspondentes ós postos transversais, para os que se satisface bastante ben a demanda, obsérvase que existe unha percepción de escaseza de persoal específico do sector de TIC, sobre todo nos postos de consultoría e os relacionados con Internet. Debe observarse que as valoracións no caso da cantidade de profesionais sitúase nun valor intermedio ou lixeiramente por riba do valor medio. No que se refire á adecuación de perfiles obsérvanse deficiencias na maior parte dos postos. |