5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.6.- Análise do sector do Turismo en Galicia

Destes datos hai que destacar:

- En xeral, os postos transversais, presentes na maioría das empresas teñen unha rotación baixa, incluídos os postos comerciais. Aclarar que moitas veces, como sucede na maioría dos postos de dirección xeral, a rotación é practicamente nula, en parte debido ás características familiares de moitas empresas.
- A previsión para estes postos é de mantedores, salvo nos postos comerciais, que presentan unha tendencia maior a aumenta-lo seu número nas empresas analizadas.

- Ante a posibilidade de incorporar traballadores portugueses nestes postos, destaca a alta puntuación obtida polos comerciais e os administrativos nas empresas analizadas.

- Nos postos técnicos obsérvase maior rotación en xeral e máis concretamente en postos como camareiro de pisos, empregado de hotel ou camareiros e barmans, pero podería dicirse que isto é unha característica típica deste sector, moitas veces causada pola estacionalidade deste sector en Galicia.

- En canto previsión de incorporación de traballadores para estes postos nos próximos tres anos a tendencia é en xeral á alza destacando a alta puntuación dos axentes de viaxes.

- En canto á posibilidade de incorporación dalgún director de alimentación e bebidas hai que aclarar que a baixa puntuación obtida neste posto pode deberse a que moi poucas das empresas consultada téñeno e, ademais, a previsión para os próximos tres anos é que non creza a demanda. Nos demais postos vese como unha posibilidade real a incorporación de traballadores portugueses.