5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.6.- Análise do sector do Turismo en Galicia

5.6.6.- Análise da mobilidade laboral transfronteiriza

O traballo realizado coas empresas, orientouse a identifica-la posibilidade de incorporar traballadores transfronteirizos nos distintos postos e sobre todo a identifica-los posibles freos á incorporación.

Da análise por postos obtívose que as empresas consideran maioritariamente que sería posible incorporar traballadores portugueses en calquera dos postos das empresas do sector turístico da comunidade galega.

Consultouse non obstante ás empresas, sobre os posibles freos á hora de contratar traballadores portugueses nas empresas do sector turístico. A figura 5.54 amosa os resultados obtidos.