6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.2.- Análise do sector das Madeiras nas empresas consultadas do Norte de Portugal

A taxa de rotatividade presenta valores medios reducidos, sendo, así mesmo, destacables as funcións de Técnico de Calidade e Operário / Montador que presentan unha media de 3, na escala de 1 (reducida rotatividade) a 5 (elevada rotatividade).

As empresas analizadas non rexeitan a posibilidade de incorporación de traballadores españois, non presentando, sen embargo, a mesma abertura para tódolos postos. Técnico de Manutención, Operário de Máquinas, Operário de Transporte, Serrador, Operário Indiferenciado e Limador son postos relativo ós que as empresas analizadas a penas presentan unha posibilidade media de incorporación de traballadores doutro lado da fronteira.

Hai, sen embargo, algúns postos nos que a taxa de rotatividade é baixa, as empresas non presentan perspectivas de aumento nos próximos anos e non ven grandes posibilidades de incorporación de traballadores españois:
- Operário de Máquinas;
- Operário de Transporte;
- Técnico de Manutención.

Baseados nos mesmos presupostos, existen outros postos nos que a posibilidade de encontrar emprego e de mobilidade transfronteiriza non é tan baixa, mais mesmo así non presentan grandes tendencias para que iso aconteza, destacadamente a función de Planificador de Producción, que, a pesar das empresas teren presentado fortes posibilidades de incorporación de traballadores españois, a taxa de rotatividade é baixa e a previsión para os próximos anos é a de manterse.