6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.3.- Análise do sector Metal-mecánico nas empresas consultadas do Norte de Portugal

6.3.3.- Aspectos máis destacables da procura segundo as empresas analizadas

Neste capítulo analízase a necesidade das empresas en relación ós diversos postos, a través da identificación da taxa de rotatividade e da previsión de persoas para os próximos anos. Analizouse, aínda, a posibilidade de incorporación de traballadores españois (4).
_____________________________________________________________________________
(4) Para a interpretación destas táboas, clarifícanse os seguintes conceptos:
- Rotatividade: número de persoas que entran e saen da empresa. Nas táboas, 1 significa unha taxa de rotatividade moi reducida ou practicamente nula e 5 significa unha taxa de rotatividade elevada;
- Previsión: significa a previsión do número de traballadores para os próximos anos. Na escala presentada, 3 significa mante-lo número de traballadores, os números 2 e 4 significan unha lixeira diminución e un lixeiro aumento, respectivamente. Os números 1 e 5 significan unha gran diminución e un gran aumento, respectivamente.
- Posibilidade de incorporación: significa a posibilidade de incorporar traballadores españois para o referido posto. Nesta escala, 1 significa posibilidade moi reducida ou practicamente nula e o 5 unha elevada posibilidade.
Na interpretación destas táboas, debe terse, aínda, en atención que as respostas baséanse na coiunura actual das empresas e do sector. A lecura dos datos deb, taménter por referecia a porcentaxe de empresas en que existe o referido posto, que está referida na táboaa de perfiles.