6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL |
6.3.- Análise do sector Metal-mecánico nas empresas consultadas do Norte de Portugal |
Dos datos das táboas hai que rexistra-lo seguinte: - Os diversos postos presentan diferencias significativas no que concerne á suficiencia de profesionais no mercado de traballo. A función de Deseñador, Técnico de Segurança e Motorista presentan unha satisfación plena relativamente á cantidade e simultaneamente perfiles axeitados. - As funcións de Técnico de Desenvolvimento do Producto e Mecânico non atopan persoas suficientes satisface-las necesidades das empresas, presentando os profesionais existentes nestas áreas perfiles relativamente inaxeitados, atinxindo unha avaliación bastante baixa no que respecta ó posto de Técnico de Desenvolvimento do Producto. - Os postos de Manutención, Operário, Operador de Máquina CNC e Serralleiro presentan un déficit de persoas, menos grave que nos postos anteriores. - Nos restantes postos, a avaliación sitúase entre os valores 3 e 4 na escala de 1 (extremamente insuficiente) a 5 (cantidade axeitada). O representante do sector é da opinión de que estes valores en relación á cantidade son superiores ó que sería de esperar, é dicir, sería de esperar cantidades menos suficientes para satisface-las necesidades das empresas. |