6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.3.- Análise do sector Metal-mecánico nas empresas consultadas do Norte de Portugal

Para o persoal comercial os contactos persoais continúan a se-la vía máis utilizada, ademais das candidaturas espontáneas, os anuncios de traballo na prensa e a referencia de persoal que xa traballa na empresa que tamén son medios moi utilizados.

Segundo o representante do sector hai que salientar dous factores:
- Sería de esperar que a promoción interna fose utilizada neste grupo, unha vez que moitas veces os traballadores pasan da parte productiva para a parte comercial, sobre todo cando é indispensable un coñecemento exhaustivo do producto e do seu proceso de fabricación;
- A porcentaxe de empresas que sinalou as candidaturas espontáneas para o incorporación de persoal para a área comercial parece ser excesiva.