6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.3.- Análise do sector Metal-mecánico nas empresas consultadas do Norte de Portugal

6.3.6.- Análise da mobilidade laboral transfronteiriza


A través deste estudio rexistrouse unha case total ausencia de traballadores españois a traballar nas empresas consultadas do Norte de Portugal. Outros estudios xa houberan, tamén, confirmado esta realidade.

As empresas estudiadas presentan esencialmente 3 factores que dificultan a mobilidade de traballadores de España para Portugal:
- Falta de instrumentos comúns de achegamento (centros de emprego, etc...)
- Diferencias salariais;
- Descoñecemento dos perfiles profesionais existentes en España.


É de rexistrar que este non é un problema que se presente á maior parte das empresas. Á pergunta feita sobre este aspecto, a primeira reacción é de que nunca pensaran niso, porque nunca tiveran necesidade de facelo.