6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.4.- Análise do sector Téxtil nas empresas consultadas do Norte de Portugal

6.4.2.- Definición dos postos principais nas empresas do sector

Nas dúas táboas seguintes preséntanse os perfiles profesionais identificados nas empresas estudiadas. Para cada un deles faise unha breve descrición, así como se indica a porcentaxe de empresas estudiadas que posúen o referido posto.

POSTOS XERAIS
BREVE DEFINICIÓN
EXISTE
Dirección Geral O seu principal papel é o da definición das metas, establece-los criterios de actuación e orienta-la empresa para consegui-los mellores resultados desde o punto de vista económico e social
95.83%
Dirección Funcional Coordinación e supervison dos procesos básicos da empresa, tendo responsabilidade sobre tódolos recursos da organización
56.00%
Comerciais Detección de oportunidades de execución de obras e promove-las capacidades da empresa, coa finalidade de incrementa-lo negocio
72.00%
Administrativos Actividade encargada de facilita-lo traballo do resto da organización. Destácase o servicio ó cliente, a organización dos documentos, etc
92.00%

Táboa 6.28.- Postos xerais / transversais analizados no sector téxtil nas empresas consultadas do Norte de Portugal

Contrariamente á xeneralidade dos sectores estudiados, a porcentaxe de empresas que posúe postos xerais é bastante elevada. Por exemplo, a área comercial existe no 72% das empresas analizadas. É un sector no que os responsables funcionais existen con maior frecuencia, en virtude de se tratar, en moitos casos de empresas con estructuras relativamente complexas.

POSTOS TÉCNICOS
BREVE DEFINICIÓN
EXISTE
Costureira/o A súa actividade consiste en uni-las diferentes partes que constitúen a peza final. Require experiencia e coñecemento da tecnoloxía e dos materiais
81.80%
Operário de transporte Actividade dedicada a clasificar, transportar e facer chegar ás máquinas utilizadas na Industria Téxtil e de Vestiario os materiais necesarios para o proceso.
78.30%
Responsable de Producción É o responsable de coordinación das persoas e dos medios para conseguir executa-la planificación ó menor custo e coa calidade axeitada. Debe coñece-la tecnoloxía específica do sector e o comportamento dos materiais no proceso
76.00%
Técnico de Calidade Actividade co obxectivo de defini-los requisitos necesarios para realiza-lo mellor producto e face-las inspeccións necesarias para garantir que non se entregan productos en malas condicións ós clientes. É o responsable de manter en orde o sistema de xestión da calidade da empresa. É imprescindible o coñecemento dos materiais e medios de producción
69.60%
Responsable de compras e materias primas Actividade destinada a identificar e avalia-los fornecedores que mellor satisfagan as necesidades de manutención da empresa. É quen negocia os prezos, cualidades e cantidades a servir. Debe coñece-las características dos materiais
66.70%
Técnico de Manutención É a actividade desenvolvida para conseguir mante-los medios técnicos e as instalaccións en perfecto estado de uso. Debe tamén implementa-las correccións necesarias durante a utilización dos mesmos. É necesario ter coñecemento específico da tecnoloxía téxtil
65.20%
Chefe de Grupo É o soporte do responsable de producción, sendo, por tanto, quen executa as súas ordes. É importante que coñeza o comportamento dos materiais e como é procesado. Debe saber traballar nunha ampla gama de máquinas
65.20%
Técnico de corte Persoa que corta os tecidos coa axuda dunha tesoura ou dun sistema de CAD/CAM.
62.90%
Operário de máquina É a actividade propria da transformación das materias primas. É necesario coñece-la tecnoloxía e o comportamento dos materiais a utilizar
62.50%
Afinador Actividade encargada de afina-las máquinas utilizadas no proceso de fabricación, de forma que obteñan o máximo de rendemento
58.30%
Técnico de tempos e métodos Actividade co obxectivo de optimiza-lo proceso de producción e reduci-lo tempo gastado nesa producción.
39.10%
Modelista Persoa que concibe e executa as probas a utilizar pola Industria de confección
31.80%
Revistador Persoa que revisa as pezas na fase final, verificando a existencia de defectos
29.20%
Armazenista / Auxiliar de Armazém É a persoa responsable da conservación e servicio dos materiais que se van utilizar no proceso
26.10%
Deseñador Concepción e Desenvolvemento do Producto, que vai dar orixe á creación de moldes e á construcción de probas. Normalmente definen tecidos, cores e formas. Necesitan dun elevado coñecemento das tendencias de mercado e un coñecemento técnico da costura.
22.70%
Embalador Persoa responsable da embalaxe dos productos finais, tal como van aparecer ó cliente
21.70%
Técnico de Laboratório Persoa que fai en instalacións piloto o control de calidade dos artigos nas diferentes fases do seu procesamento (fiaxe, tecelaxe, tinturería, estampado, etc.), debe ter coñecemento dos procesos que son utilizados no seu procesamento.
13.00%
Tecelão Operario responsable do acompañamento e verificación do funcionamento dos teares. Debe implementar accións correctivas simples.
13.00%

Táboa 6.29.- Postos técnicos analizados no sector téxtil nas empresas consultadas do Norte de Portugal

No que concerne ós postos técnicos, verificase unha existencia en gran parte das empresas (82%) da función de Costureiro. Operário de Transporte (78%), Técnico de Corte (63%), Responsable de Producción (76%), Técnico de Manutención (65%), Técnico de Calidade (70%), Responsable de Compras, Chefe de Grupo e Operário de Máquina son funcións existentes nunha porcentaxe elevada de empresas.

Tecelão, Revistador, Embalador, Técnico de Laboratório, Auxiliar de Armazén son funcións que poucas empresas estudiadas posúen.
_____________________________________________________________________________
(2) A definición presentada pretende a penas identificar dunha forma simple cada posto. Non se avanzou cara a definicións máis complexas, destacadamente ó nivel das tarefas específicas de cada función, posto que tal non é obxectivo deste estudio.