6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL |
6.4.- Análise do sector Téxtil nas empresas consultadas do Norte de Portugal |
6.4.3.- Aspectos máis destacables da procura segundo as empresas analizadas Consultamos as empresas sobre as súas expectativas de contratación para os diferentes postos, co obxectivo de obter un indicador sobre a procura a curto medio prazo. Nas dúas táboas seguintes (3) son presentados os resultados correspondentes á rotatividade de persoal, á previsión de contratación nos próximos anos, así como a posibilidade de incorporación de traballadores españois. Os valores presentados corresponden á media do conxunto de empresas. _____________________________________________________________________________ (3) Para a interpretación destas táboas, clarifícanse os seguintes conceptos: Rotatividade: número de persoas que entran e saen da empresa. Nas táboas, 1 significa unha taxa de rotatividade moi reducida ou practicamente nula e 5 significa unha taxa de rotatividade elevada; Previsión: significa a previsión do número de traballadores para os próximos anos. Na escala presentada, 3 significa mante-lo número de traballadores, os números 2 e 4 significan unha lixeira diminución e un lixeiro aumento, respectivamente. Os números 1 e 5 significan unha gran diminución e un gran aumento, respectivamente; Posibilidade de incorporación: significa a posibilidade de incorporar traballadores españois para o referido posto. Nesta escala, 1 significa posibilidade moi reducida ou practicamente nula e o 5 unha elevada posibilidade. Na interpretación destas táboas, debe ter-se, aínda, en atención que as respostas baséanse na conxuntura actual das empresas e do sector. A lectura dos datos debe, tamén, ter por referencia a porcentaxe de empresas en que existe o referido posto, que está referida na táboa de perfiles. |