6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL |
6.4.- Análise do sector Téxtil nas empresas consultadas do Norte de Portugal |
6.4.4.- Valoración da oferta laboral segundo as empresas analizadas Nas dúas táboas seguintes (4) preséntanse os datos relativos a dúas cuestións fundamentais neste estudio: se existe no mercado número suficiente de profesionais para satisface-las necesidades do sector e se os perfiles dispoñibles no mercado son axeitados para os postos que se procuran. _____________________________________________________________________________ (4) Na análise das táboas relativas á oferta laboral, clarifícanse os seguintes conceptos: Cantidade: é a resposta á pregunta "¿Existe no mercado de traballo cantidade suficiente para satisface-las necesidades da empresa?". Na escala, 1 significa cantidade moi insuficiente e 5 cantidade longamente suficiente; Perfiles axeitados: é a resposta á pregunta "Os perfiles existentes no mercado de traballo ¿son axeitados?". Na escala, 1 significa que os perfiles son moi inaxeitados e 5 unha perfecta adecuación. |