
No referente á oferta para postos específicos no sector téxtil, destácanse os seguintes aspectos:
- Cantidade insuficiente de persoas para ocupa-las funcións de Técnico de Tempos e Métodos e Deseñador. Menos insuficiente, mais con lagoas en termos de cantidade, está a función de Afinador.
- A función de Técnico de Transporte presenta oferta suficiente no mercado de traballo. Suficiente man-de-obra presentan, tamén, as funcións de Técnico de Manutención, Responsable de Compras, Chefe de Grupo, Auxiliar de Armazén e Revistador. Os restantes postos presentan man de obra razoable.
- A función de Técnico de Métodos e Tempos presenta perfiles inaxeitados. Vencellando este aspecto á insuficiencia de profesionais, pode apuntarse para a necesidade de promover formación para este tipo de perfil profesional.
- A función de Operário de Transporte, para máis alá de presentar unha suficiente cantidade, tamén presenta perfiles axeitados, o que, se temos en conta que as empresas analizadas prevén unha manutención do número de persoas a este posto, apunta cara a unha baixa probabilidade de emprego nesta función.
- As funcións de Revistador e Tecelão tampouco presentan perfiles axeitados no mercado de traballo.
|