6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL |
6.4.- Análise do sector Téxtil nas empresas consultadas do Norte de Portugal |
![]() Para o incorporación de persoal administrativo, as empresas utilizan unha grande variedade de medios, destacándose de todos eles, as candidaturas espontáneas (45%). Anque os anuncios de traballo na prensa, contactos persoais, referencias de persoal que xa traballa na empresa, persoal que xa desenvolveu unha actividade profesional na empresa e institucións ou centros de formación tamén son bastante utilizados por unha porcentaxe significativa das empresas analizadas. O persoal administrativo é, tamén, o grupo profesional no que o servicio público de emprego é máis utilizado. |