6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.5.- Análise do sector de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación nas empresas consultadas

6.5.1.- O Sector das Tecnoloxías de Información e Comunicación

6.5.1.1.- Actividades desenvolvidas polas empresas do sector das Tecnoloxías de Información e Comunicación

As actividades desenvolvidas polas empresas deste sector son as seguintes:

v Distribución informática ou telecomunicacións: tratase dunha actividade común á maior parte das empresas de servicio deste sector, compatible co desenvolvemento e implementación de software. Algunhas empresas de distribución están máis orientadas para o público en xeral (mercado doméstico), o que obriga a ter locais comerciais accesibles ó público. Outras empresas máis orientadas para outros segmentos como as empresas ou a administración, desenvolven a súa actividade sen necesidade de locais comerciais. En calquera caso esta actividade require persoal para comercialización/venda e persoal técnico para a montaxe e servicio técnico, así como persoal administrativo. No caso das empresas de maior dimensión, a complexidade das solucións ofrecidas pode requirir perfiles como consultores de sistemas, responsable de proxectos, entre outros.

v Desenvolvemento e implementación de aplicacións informáticas: trátase dunha actividade co mercado principal nas empresas ou a administración. Esta actividade pode complementarse coa distribución. Para a realización deste tipo de actividade son necesarios perfiles como os consultores de aplicacións, analistas, programadores, entre outros.

v Desenvolvimento e implementación de solucións baseadas na Internet: trátase dunha actividade que ten tido un grande desenvolvemento nos últimos anos, diversificando o negocio de empresas existentes e orixinando novas empresas con novos perfiles como o Deseñador Web, Web Master, Programador de Aplicaccións Internet, entre outros.

v Consultoría: orientada normalmente para o apoio a empresas, sobre todo para o planeamento, diagnóstico, deseño e implementación de solucións baseadas nas TIC.

Neste sector foron seleccionadas 27 empresas máis representativas da rexión Norte de Portugal, co obxectivo de recoller información sobre os principais perfiles existentes e as respectivas tendencias ocupacionais. Na selección das empresas tentouse cobri-las diferentes actividades a que nos referimos anteriormente.