6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.6.- Análise do sector do Turismo nas empresas consultadas do Norte de Portugal


BRAGA
BRAGANÇA
VIANA DO

CASTELO

VILA REAL
Nº establecementos
1449
291
717
490
% establecementos / total continente
5.3
1.1
2.6
1.8
Nº persoas ó servicio
6051
954
2663
1821
% persoas ó servicio / total continente
3.9
0.6
1.7
1.2

Táboa 6.45.- Establecementos e persoas ó servicio por distrito no sector do turismo

A área xeográfica do estudio no Norte de Portugal absorbe cerca do 11% do total de establecementos do sector do turismo no continente, así como o 7,4% do total de persoas ó servicio.

Nestes 4 distritos, Braga destácase co maior peso, tanto en relación ó número de establecementos como de persoas ó servicio. A continuación está o distrito de Viana do Castelo e Vila Real, sendo o menos significativo Bragança.

Braga presenta, tamén, a media máis elevada de persoas ó servicio por establecemento (4,2), seguido de Viana do Castelo e Vila Real (3,7) e finalmente Bragança (3,3).