POSTOS TÉCNICOS
|
BREVE DEFINICIÓN
|
EXISTE
|
Empregado de establecemento hoteleiro |
Executa os servicios de limpeza, arranxo e decoración das habitacións, andares e zonas comúns, e os servicios de lavandería da unidade de aloxamento |
95.00%
|
Chefe de Recepción |
Organiza, coordina e controla a actividade de recepción / portería do establecemento hoteleiro, con vista a garantir un servicio de calidade e satisfación dos clientes |
75.00%
|
Director de Alimentación e Bebidas |
Dirixe, coordina e controla as actividades de producción alimenticia do establecemento hoteleiro ou asegura a xestión dun establecemento de restauración e de bebidas, de forma que maximice a relación calidade/custos en función dos obxectivos e estratexias |
70.00%
|
Governante de Hotel |
Organiza, coordina e controla as actividades de limpeza, arranxo e decoración dos cuartos, andares e zonas comúns, e os servicios de lavandería da unidade de aloxamento, con vista a garantir un servicio de calidade e a satisfación dos clientes |
65.00%
|
Cozinheiro |
Executa as actividades de cozinha e confección de sobremesas nas unidades |
65.00%
|
Barman |
Executa os servicios de mesa e bar no establecemento hoteleiro / restauración e de bebidas |
61.00%
|
Chefe de Cozinha |
Organiza, coordina e controla as actividades de cociña e confección de sobremesas |
60.00%
|
Camareiro |
Persoa responsable do arranxo e limpeza das camas da unidade de aloxamento. En establecementos de reducida dimensión esta actividade é desempeñada polo empregado do hotel |
50.00%
|
Recepcionista |
Executa os servicios de recepción / portería da unidade, con vista a satisface-las necesidades dos clientes |
35.00%
|
Responsable de Economato |
Persoa responsable da xestión das existencias, realiza-las compras, tanto da área de alimentación como doutros productos necesarios para o normal funcionamento do hotel |
30.00%
|
Promotor de Vendas |
Promover e vender activamente os productos / servicios do establecemento hoteleiro, en función dos seus obxectivos e estratexias |
20.00%
|
Responsable da Animación de Hotel |
Planea, coordina e controla as actividades de animación do establecemento hoteleiro, en función dos obxectivos e estratexias definidas, de forma que constrúa unha boa imaxe do establecemento e garanta a satisfación dos clientes, creando condicións para o prolongamento e repetición das estadías |
10.00%
|
Táboa 6.47.- Postos técnicos analizados no sector do Turismo nas empresas consultadas do Norte de Portugal
Os postos existentes son os característicos do sector en análise. Os postos Responsable de Animación e Promotor de Vendas existen en poucas empresas, son máis usuais en establecementos de grande dimensión.
Nos próximos gráficos preséntase o nivel de definición e documentación dos postos nas empresas estudiadas, así como a frecuencia de realización de accións formativas.
En base ós datos, pode dicirse que as empresas estudiadas presentan practicamente tódolos postos claramente definidos, a penas o 5% dos establecementos presentan a penas algúns postos definidos.
|