6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL |
6.6.- Análise do sector do Turismo nas empresas consultadas do Norte de Portugal |
![]() No relativo á realización de accións de formación para os colaboradores, o sector do turismo presenta unha situación curiosa, se temos en conta que ou as empresas "nunca" realizan accións ou realizan "sistematicamente" accións formativas. Non existe ningunha empresa que desenvolva esas accións "puntualmente". O representante do sector entrevistado, tendo en conta a súa experiencia e coñecemento do sector, inclínase máis para a promoción "puntual" de accións de formación por parte das empresas do sector. |