6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL |
6.6.- Análise do sector do Turismo nas empresas consultadas do Norte de Portugal |
Das táboas anteriores hai que destaca-los seguintes aspectos: - Os postos xerais (Dirección Geral, Dirección Funcional, Comerciais e Administrativos) presentan unha taxa de rotatividade nula, prevéndose unha manutención do número de persoas suxeitas a estes postos nos próximos anos, presentando, simultaneamente unha posibilidade de incorporación de traballadores media. - Os postos de Camareiro, Cozinheiro e Barman son os que presentan unha rotatividade máis elevada, mais as empresas consideraran que hai unha grande posibilidade de incorporación de traballadores españois, apuntando para unha forte posibilidade de mobilidade de traballadores dun lado para o outro da fronteira. - A taxa de rotatividade presenta valores reducidos mas non nulos, agás no posto Chefe de Cozinha, - Nos próximos anos, as empresas prevén, dunha forma xeral, mante-lo número de traballadores, agás na función de Camareiro, onde se prevé un lixeiro decenso. - As empresas sinalaron unha forte posibilidade de incorporación de traballadores españois, agás nas funcións de Director de Alimentación e Bebidas e Recepcionista. |