IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.1. A BUSCA DE EMPREGO EN GALICIA
114

2. VOLUNTARIADO

Voluntario é a persoa que por elección propia adica unha parte do seu tempo á acción solidaria, altruísta, sen percibir remuneración por iso.

A relación de voluntariado con asociacións, entidades públicas, … soe responder principalmente a inquietudes persoais e sociais das/os voluntarias/os pero, tamén poden constituír unha estratexia para acceder ó mercado laboral . Así pódense sinalar algúns beneficios da acción voluntaria en relación co acceso ó mercado laboral:

-Serve como experiencia profesional non laboral

-Implica unha preocupación e gañas de facer as cousas

-Pode axudar a detectar necesidades da sociedade que o xove pode intentar cubrir a través da formación específica ou o autoemprego

-No momento de precisar, a entidade na que se está como voluntaria/o, persoal cualificado o voluntario xa amosou a súa formación e valía profesional

As/os voluntarias/os poden desenvolvela súa acción en múltiples campos de actuación, como por exemplo:

-Social: traballo con colectivos socialmente exluidos, inmigrantes, loita contra a pobreza, atención a colectivos sociais con necesidades, carencias ou discapacidades de distinto tipo,etc

-Cultural: traballos de recuperación ou conservación de identidade cultural, na promoción da creatividade, na difusión de bens culturais, etc

-Educativo: alfabetización e educación de persoas adultas, dinamización e promoción da participación escolar, etc.

-Medioambiente: traballo na protección ou recuperación de especies ou espacios naturais, na denuncia de situacións de degradación medioambiental, desenvolvemento dunha conciencia medioambiental na cidadanía,..

-Saúde: traballo pola promoción da saúde, desenvolvemento de costumes de vida saudable, …

-Participación cidadán e civismo: promoción da participación cidadá, fortalecemento do tecido asociativo, promoción da iniciativa na creación e animación de redes sociais, etc.

-Dereitos humáns: traballan na denuncia de inxustizas, contra a pena de morte, defensa dereitos humáns, …

-Cooperación Internacional: traballo na promoción e desenvolvemento de proxectos de cooperación, para combateren a pobreza e promover o desenvolvemento nos países empobrecidos, ..

-Emerxencia e socorro: traballo na resposta a situacións de emerxencia motivadas por desastres naturais, guerras, ..

-Desenvolvemento socio – económico: desenvolvemento de proxectos de promoción socioeconómica ou desenvolvemento comunitario, dirixidos a melloralas condicións de vida dunha comunidade ou sector social concreto,…

-Tempo libre: educación no tempo libre, promoción de valores, coñecemento e actitudes, actividades recreativas, etc.

Para máis información sobre voluntariado en Galicia pode consultar: http://www.concienciasolidaria.com/gal/